Abre ao públicos o parque infantil de Erboedo e de Soandres

Parque infantil en Soandres

O Concello tamén mellora o parque da praza Máximino Canedo cunha tirolina

O Concello abriu ao público o parque infantil creado recentemente no Igrexario de Erboedo e no campo da festa de parroquia de Soandres. Estes equipamentos presentan similares características:

  • tres unidades de xogos -columpios, balancín e tobogán-
  • pavimento continuo de caucho que reforza a seguridade dos usuarios
  • valado de madeira que forma o peche perimetral

Así mesmo, o Concello tamén vén de mellorar a zona de xogos da praza Maximino Canedo da Laracha incorporando unha tirolina que desde onte xa está a disposición dos usuarios. O novo equipamento foi instalado nun dos espazos verdes e a carón do parque infantil.

Renovación

Desde o Concello estase a realizar unha aposta decidida pola modernización, renovación e ampliación dos parques infantís existentes, así como a creación de novos equipamentos. Nestas tres actuacións investíronse preto de 50.000 euros procedentes de fondos municipais. O propósito é que toda a cidadanía, tanto residentes nas zonas urbanas como en núcleos rurais, poidan dispoñer de espazos de esparexemento modernos e seguros para os máis pequenos. E, tamén, fomentar a convivencia e potenciar as actividades saudables.