Nova edición de "Teatro con Salitre"

Cartel da nova edición de "Teatro con Salitre".

Caión volverá desfrutar durante o mes de marzo do seu ciclo de teatro co que o Concello pretende achegar as artes escénicas á vila costeira.

Esta segunda edición do programa "Teatro con salitre" constará de tres funcións: os venres 3, 10 e 17 de marzo no centro sociocomunitario de Caión. Todas elas a partir das 21:00 horas, con entrada libre e gratuíta, e dirixidas ao público xuvenil e adulto (a partir de 13 anos de idade).

Ademais a compañía Fantoches Baj abrirá o pano o venres 3 de marzo con "Auga que non vas beber". Se trata dun recital satírico onde salientan diversas cantigas populares, cantos e contos. Estes remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península Ibérica. O autor enlaza para contar aventuras e desventuras amorosas. Esta peza teatral foi a gañadora do premio AGADIC de textos para monicreques para adultos.

Tamén a posta en escena está inspirada na figura teatral do cego con monifates, moi presente na Galicia do século XIX. Auga que non vas beber, protagonizada por Almudena Vidal e Inacio Vilariño, é unha comedia musical vivaz na que a participación do público, a modo do teatro de rúa, é fundamental.

Por outro, lado, e venres 10 será a quenda para DEP, unha comedia de morte, da compañía Malasombra Producións. Xoque Carbajal, Jouse García e Patricia Rodríguez, baixo a dirección de Marcos Orsi, protagonizan este divertido espectáculo. Dous irmáns pretenden dar un empurronciño á súa nai para solucionar coa herdanza os seus problemas económicos.

Pelos la lingua

O ciclo pecharase o venres 17 con "Pelos na lingua". É un espectáculo- collage de Talía Teatro que fala en clave positiva da situación actual da lingua galega.

A obra está protagonizada por Toño Casais, Artur Trillo e María Ordóñez. Do mesmo xeito que na Laracha cos Venres Teatrais do mes de novembro e en Paiosaco coa Primavera Teatral de abril, o Concello pretende consolidar o programa "Teatro con Salitre" de Caión. A dispoñibilidade do centro sociocomunitario permite a organización na vila deste tipo de iniciativas culturais ao contar cos espazos e equipamentos necesarios.