Soandres: mellora da rede viaria

Traballos de mellora en parroquia de Soandres

O proxecto en Soandres afecta a estradas dos núcleos de Boimir, O Priorato, A Abeleira, A Ponte da Veiga, Condesuso, Condes e As Táboas

O Concello ten en marcha un proxecto de mellora da rede viaria que afecta a varios puntos da parroquia de Soandres. En todas as intervencións inclúese a renovación da capa de rodadura e o incremento da seguridade viaria coa correspondente sinalización horizontal e vertical. Ademais, en determinados puntos da rede viaria tamén se acometen outras intervencións complementarias:

  • acondicionamento de sobreanchos
  • mellora das cunetas e da rede de recollida de pluviais

As obras previstas xa están concluídas en estradas dos núcleos de Boimir, O Priorato e A Abeileira. Outros puntos de intervención nos que os traballos rematarán nos próximos días son Condesuso, Condes, As Táboas e A Ponte da Veiga. A execución do proxecto está a cargo de Construcciones López Cao e o investimento total sitúase en torno aos 120.000 euros.