“Ti tes a chave” e o Concello pon o kit

"Ti tes a chave"
"Ti tes a chave"

A veciñanza da Laracha ten a chave. Desde o luns 3 de febrero (2020) o concello deste municipio ten en marcha a recollida da fracción orgánica en A Laracha, Paiosaco, Caión e a urbanización Monte Claro.

Neste sentido, a recollida da fracción orgánica ten lugar no novo contedor marrón de residuos sólidos urbanos

Tamén esta campaña intensificaranse coas accións informativas dirixidas a que a veciñanza coñeza o programa "Ti tes a chave" e que se sumen ao voluntariado marrón.

Deste xeito, os vecinos e veciñas destas parroquias foman parte dunha iniciativa pioneira en Galicia, impulsada en colaboración con Sogama.

Así, esta actividade ten por finalidade reducir a cantidade de lixo que se deposita nos colectores xenéricos e poder recuperar os residuos orgánicos converténdoos en compost.

Nos puntos informativos todas as persoas que o desexen poden sumarse ao voluntariado marrón, recibindo o seu kit:

  • un cubo ventilado dun volume de dez litros,
  • bolsas compostables
  • e unha chave coa que abrir os colectores da quinta fracción.

Ademais desde hai semanas tamén existe a posibilidade de anotarse cubrindo o formulario na web municipal. Os puntos de recollida dos kits están operativos para toda a veciñanza no Edificio Administrativo e edificio de servizos múltiples (A Laracha), así como nos centros sociais de Caión e de Paiosaco.