Solicitan a Correos a cobertura de todas as prazas de carteiro na oficina da Laracha

A non cobertura desde hai máis de un ano da praza de carteiro á sección urbana da Laracha pon de manifesto o problema
A non cobertura desde hai máis de un ano da praza de carteiro á sección urbana da Laracha pon de manifesto o problema

Laracha pide se cubran a totalidade das nove prazas de carteiro para realizar o reparto no termo municipal

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, solicitou formalmente á Xefatura do sector da rede de oficinas de Correos en Galicia que se cubran a totalidade das nove prazas de carteiro para reparto no termo municipal.

Esta solicitude preséntase ao recibir reclamacións da veciñanza referidas á perda de calidade do servizo. Tanto a correspondencia como a paquetería se están a entregar con retrasos. Esta circunstancia é especialmente grave cando se trata do envío de notificacións oficiais e de citas médicas.

A oficina técnica de Correos da Laracha conta con nove seccións, que por norma xeral son cubertas unicamente por catro ou cinco carteiros. A non cobertura desde hai máis de un ano da praza correspondente á sección urbana da Laracha pon de manifesto a importancia deste problema.