Alumnado do CEIPs de Caión, Otero Pedrayo e Alfredo Brañas limpan a praia

Limpeza da praia de Caión, actividade educativa

A Asociación Ecoloxista ADEGA impulsó a actividade na praia de Caión

O CEIP de Caión, coa colaboración dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha e Alfredo Brañas de Paiosaco, súmouse á XI edición da Limpeza Simultánea de Praias impulsada pola Asociación Ecoloxista ADEGA. O xoves de 10:30 a 13:00 horas alumnado dos colexios laracheses realizaron unha limpeza do areal de Caión para inculcarlles actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, especialmente dos entornos marítimos.