Limpeza e acondicionamento do entorno do río Vilán

Limpeza entorno do río Vilán, A Laracha
Limpeza entorno do río Vilán, A Laracha

O Concello da Laracha pon en valor este entorno fluvial que destaca pola beleza paisaxística e riqueza medioambiental

O Concello continúa mostrando o seu firme compromiso coa posta en valor do entorno fluvial de espazos naturais. Os mesmos ten gran riqueza paisaxística e valor medioambiental. Ademais son aptos para uso e goce dos veciños e visitantes para a realización de rutas a pé.

Todos os anos impúlsanse actuacións nas marxes dos ríos para acondicionalas, controlar o crecemento da biomasa e mantelas en boas condicións de limpeza. Os labores consisten, esencialmente, na eliminación da maleza.

Nesta ocasión as brigadas medioambientais municipais están a centrar a súa actuación no río Vilán -tamén coñecido como Rego de Quenxe-. A intervención comprende o tramo de preto de seis quilómetros. Vai desde O Cancelo, xunto á glorieta de acceso á autoestrada e ao parque empresarial, ata o límite co municipio de Carballo.

Andainas

O patrimonio natural que conforman os ríos laracheses presenta unha especial beleza paisaxística e biodiversidade animal e vexetal que en moitos casos é descoñecida mesmo polas persoas residentes nas proximidades desas zona. Desde o Concello anímase a descubrir eses espazos no entorno dos ríos, tanto o Vilán como o Anllóns, o Acheiro e o Bradoso. Grazas a este tipo de intervencións xa desenvolvidas e as que se están levando a cabo nestes momentos, permiten a realización de andainas.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Ramón Martínez Barbeito, reuníronse co persoal das cuadrillas no propio río á altura de Quenxe. Alí están a acometer os traballos nestes momentos, para interesarse polo resultado das actuacións.