Exposición fotográfica "Fillos do océano" en Caión

Unha imaxe de Javier Teniente da exposición no centro comunitario de Caión
Unha imaxe de Javier Teniente da exposición no centro comunitario de Caión

O centro comunitario de Caión acolle una exposición de imáxes do fotógrafo Javier Teniente do 8 ou 30 de outubro

Afundación ABANCA e o Concello da Laracha presentan a exposición "Fillos do océano". Trátase das mellores imaxes que o fotógrafo Javier Teniente tomou, durante anos, nunha viaxe por comunidades pesqueiras tradicinais. É un percorrido único polas poblacións costeiras dos cinco continentes, composto por máis de setenta fotografías. Poderanse contemplar no centro comunitario de Caión do 8 ao 30 de outubro de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 h os sábados.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural» que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. "Fillos do océano" é unha exposición documental que presenta a forma de vida de poboacións que subsisten grazas á pesca artesanal en India, Senegal, Vietnam, Sri Lanka, Madagascar e, tamén, Galicia.

A mostra é unha homenaxe a todos eses pescadores que viven do mar e para o mar e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Tamén é unha chamada de atención e de concienciación social a favor da preservación dos ecosistemas mariños. «Só así, preservando o medio ambiente, conservaranse as culturas ligadas á pesca artesanal. Un modo de vida co que, certamente, non se obteñen tantos beneficios a curto prazo como coa pesca industrial. Pero é máis sostible social e ambientalmente», sinala o fotógrafo.

Fotógrafo independente

Javier Teniente iniciou o seu traballo profesional nos diarios Faro de Vigo e Atlántico Diario, como fotógrafo de prensa durante varios anos. Seu labor como reporteiro levouno dun extremo a outro do mundo, cubrindo algúns dos máis importantes acontecementos das últimas décadas. Na actualidade traballa como fotógrafo independente, representado pola axencia Getty Images. Entre os anos 1998 e 2005 colaborou como fotógrafo coa ONG Médicos del Mundo e cubriu conflitos bélicos e desastres naturais en diferentes lugares.

Cabe destacar os traballos realizados en Centroamérica (Huracán Mitch 1998), Kosovo (1999), Timor (1999), Iraq (2003), Haití (2004) ou o tsunami en Banda Aceh, Indonesia (2005). Gañou en dúas ocasións o prestixioso Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria (2003 y 2005). Ademáis, recibiu o Premio Galicia de Comunicación (2004) e unha mención especial nos Premios Ortega y Gasset de Periodismo (2006).