Iniciouse a campaña de desbroce e roza nas estradas municipais

Traballos de desbroce de estradas municipais en Vilaño, A Laracha
Traballos de desbroce de estradas municipais en Vilaño, A Laracha

Actuarase en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos na Laracha

Unha semana despois da adxudicación dos contratos, comezaron a executarse os traballos da campaña de roza e desbroce de cunetas de estradas e parcelas de titularidade municipal. O propósito é eliminar a vexetación herbácea nas marxes das vías para mellorar a visibilidade dos viandantes e condutores e reforzar a seguridade viaria. Ademais, previr riscos de incendio e manter o ornato público na rede de estradas municipais.

Coa finalidade de axilizar estes labores, o Concello dividió o contrato en cinco lotes e limitando unha única adxudicación por empresa. Deste xeito favorecerase que as intervencións poidan realizarse de maneira simultánea en varios puntos do termo municipal.

Comezo en Vilaño

Os primeiros traballos estanse a levar a cabo na parroquia de Vilaño, nos núcleos máis próximos ao santuario de San Adrián como son Marfulo, Gravido, A Fraga, Padrón e A Piña. A previsión é que comecen os mesmos labores na parroquia de Lestón, a continuación nas de Coiro e Soandres. A partir da semana que vén en Caión e Lendo e, posteriormente nas parroquias de Torás, Golmar, Montemaior, Soutullo, Erboedo, Cabovilaño e Lemaio. En total neste ano o Concello destinará 140.000 euros procedentes de fondos municipais para realizar os traballos en:

  • máis de 300 quilómetros de estradas municipais
  • 83 quilómetros de pistas forestais
  • preto de 32 hectáreas de parcelas e terreos municipais que non están incluídos no contrato do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes