Quince persoas participan no curso do plantacións de castiñeiros

Asistentes a primeira data do curso na sesión teórica

Celebrouse a primeira das tres xornadas das que consta o curso

Realizouse na Laracha a primeira das tres xornadas do curso formativo sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito. Quince persoas asisteron a xornada impartida por persoal técnico do Centro Agroforestal de Riós en colaboración coa Consellería do Medio Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

O Concello acolle esta iniciativa cos obxectivos principais de ofrecer formación principalmente a tres colectivos:

  • produtores en activo
  • persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria
  • desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario

A Agacal, a través deste tipo de iniciativas de formación, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico.