Máis de medio centenar de veciños do rural xa teñen composteiros domésticos

O acto de entrega dos composteiros e a charla informativa aos veciños foi na Casa da Cultura da Laracha
O acto de entrega dos composteiros e a charla informativa aos veciños foi na Casa da Cultura da Laracha

A entrega dos composteiros aos veciños da Laracha foi na Casa da Cultura do Concello do municipio

O Concello da Laracha entregou composteiros domésticos a vecinos do entorno rural, coa colaboración da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama). O fixo de xeito gratuíto nun acto na Casa da Cultura local. Además, incluiu unha sesión informativa sobre o seu uso impartida por un técnico especializado.

A entrega fíxose a máis de medio centenar de veciños que o solicitaran previamente no Concello. Os cidadáns residentes en zonas rurais da Laracha que non fixeron ese trámite poden solicitalo no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal.

Compostaxe para abono

A compostaxe doméstica consiste na reciclaxe en orixe da materia orgánica, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o solo. Os veciños poden utilizalo no seu xardín, horta ou terras de cultivo, substituíndo aos fertilizantes artificiais.

Con esta iniciativa procúrase o dobre obxectivo do respecto ao medioambiente e tamén económico. Por unha parte, as vivendas produtoras de compost poderán utilizado para o seu uso persoal. Pero, ademais, reducirase a carga de residuos sólidos urbanos que se depositan nos colectores.

Asesoramiento catastral

O Concello establecerá no edificio de usos administrativos da Laracha (Avenida Fisterra, 60) un servizo de asesoramento catastral. Estará operativo o segundo e o cuarto mércores de cada mes desde o día 8 de xullo. A través deste servizo, un técnico especializado ofrecerá asistencia presencial e gratuíta á cidadanía larachesa en xestións como:

  • Facilitar información catastral.
  • Tramitar cambios de nome ante catastro.
  • Recepción e comprobación formal da documentación.
  • Xeración de modelos oficiais e expedientes.
  • Asistencia na cubrición de documentos.
  • Asesoramento e información sobre a subsanación de discrepancias.
  • Rexistro de expedientes en papel para xerar o expediente electrónico.
  • Asesoramiento nos trámites intermedios dos expedientes catastrais.
  • Seguimiento técnico dos expedientes presentados ata a súa resolución

Coa posta en marcha deste servizo o Concello pretende ofrecer á cidadanía asesoramento profesional en materia catastral dirixido a resolver dúbidas. Tamén para obter información actualizada, accesible, cómoda e comprensible sen necesidade de desprazarse fóra do termo municipal. Os usuarios deste servizo de asesoramento catastral deben solicitar cita previa chamando ao 981612811.