Tres colectores de residuos sólidos queimados no Cruceiro de Lestón

Colectores queimados no Cruceiro de Lestón, A Laracha
Colectores queimados no Cruceiro de Lestón, A Laracha

O lume dos colectores tamén provocou danos no peche dunha vivenda particular

A Policía Local da Laracha abriu unha investigación polos colectores queimados. Ademáis, solicita a colaboración cidadá para tratar de esclarecer os feitos sucedidos na pasada madrugada no lugar do Cruceiro da parroquia de Lestón. Supuxeron a queima de tres contedores de residuos sólidos urbanos que apareceron totalmente calcinados. Polo momento descoñécese se o lume, que tamén provocou danos no peche dunha vivenda particular, foi ou non intencionado.