Mellora do centro sociocultural das Rañeiras

Traballos de mellora no centro sociocultural As Rañeiras
Traballos de mellora no centro sociocultural As Rañeiras

Os alumnado da especialidade de Pintura industrial en construción do obradoiro de emprego traballa nas Raneiras

A especialidade de Pintura industrial en construción do obradoiro de emprego A Laracha VII centra o seu labor desde no centro sociocultural das Rañeiras, parroquia de Lestón. A primeiros de ano xa se realizara a primeira fase da intervención. Afectou ao interior dese edificio e consistiu na preparación de soportes, lixado de portas e marcos de madeira das ventás e lacado. Tamén, na eparación nas zonas en mal estado e pintado das paredes, zócalos e descanso das escaleiras.

Na segunda fase estase actuando no exterior, que precisaba dunha limpeza e renovación dado que se apreciaban fisuras e manchas de humidades. Trala montaxe do andamio, procedeuse ao lavado con alta presión. Nas zonas con  fisuras realizouse un selado e emplastecido con reforzo de malla de fibra de vidro. Posteriormente aplicouse pintura de caucho elástica de alta calidade. Ademáis, repararon os verte augas e a decorar o rodapé cun revestimento impermeable de polipedra cun ton gris.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego, Rocío López, visitaron o lugar das actuacións para reunirse co persoal do obradoiro e interesarse polo desenvolvemento dos traballos.

A Laracha VII

Cabe lembrar que o obradoiro de emprego A Laracha VII conta con dúas especialidades e dez alumnos traballadores en cada unha delas. A de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais continúan realizando as prácticas nos centros de día e residenciais da Laracha, Arteixo e na Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos da Coruña,

O alumnado traballador das dúas especialidades ten completada toda a parte teórico práctica dos correspondentes certificados de profesionalidade cunhas avaliacións moi favorables dos itinerarios modulares. Antes de chegar ao final deste proxecto, o 28 de xullo, dende o equipo directivo apóiase coa confección dos seus currículos vitais e coa busca de emprego a través de diferentes vías.