A parroquia de Caión pasa a ser condidera como zona tampón do cultivo da pataca

Parroquia de Caión, A Laracha.
Parroquia de Caión, A Laracha.

Caión deixa de ser considerada infestada pola praga da couza guatemalteca da pataca e pasa a ser zona tampón.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería do Medio Rural pola que a parroquia de Caión deixa de ser considerada infestada pola praga da couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora povolny) e pasa a ser zona tampón. 

Isto supón que volve estar permitido o cultivo da pataca en Caión, pero coa obriga de comunicar á Xunta de Galicia a sementeira na totalidade das parcelas nas que se levou a cabo, trámite que se pode realizar no Concello.

Outra importante novidade é que a parroquia de Lendo, ata o de agora zona tampón, pasa a ter a consideración de zona libre para o cultivo da pataca, polo que decaen as medidas que estaban establecidas para a contención da praga.

Por tanto, o cultivo da pataca volve autorizarse en todo o termo municipal da Laracha co único condicionante indicado para a parroquia de Caión.