Desde hoxe ondea na praia de Caión a Bandeira Azul

O alcalde de A Laracha no acto de izado o pasado ano 2020 do galardón na praia de Caión
O alcalde de A Laracha no acto de izado o pasado ano 2020 do galardón na praia de Caión

O Concello da Laracha conta, ademáis de con bandeira, cun sendeiro e un centro azul de educación ambiental

Desde este mediodía na praia de Caión volve ondear a Bandeira Azul. Unha ampla representación do goberno local -encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela- realizase o primeiro izado xunto aos membros do equipo de salvamento e socorrismo.

Lembramos que o distintivo que outorga a Fundación Europea de

Educación Ambiental recoñe a calidade dos areais e das augas. Tamén, o cumprimento dunha serie de normas relacionadas coa seguridade, respecto medioambiental, accesibilidade e servizos xerais, entre outras cuestións.

Ademáis, conserva o distintivo de Sendeiro Azul o tramo do paseo marítimo que vai desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido. Preto do límite co termo municipal de Carballo.

Na mesma línea, o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar repite distintivo de centro azul en recoñecemento ao labor de educación ambiental.

Piscina municipal

Xa está operativo o complexo deportivo da piscina municipal da Laracha, incluíndo tanto a zona de auga como o ximnasio e as salas fitness. O único servizo que non estará dispoñible temporalmente será a sauna pola ameaza do coronavirus.

A empresa concesionaria da xestión das instalacións, Hebe Sport, anunciou, ademáis, que en xullo soamente se cobrarán as cotas aos abonados desde o día 18. Con esta iniciativa compensa os días de marzo que estiveron cerrados debido á declaración do estado de alarma pola pandemia.

Neste complexo deportivo o aforo estará limitado ao 75% da súa capacidade. Resérvanse como horarios preferentes para persoas maiores de sesenta anos de idade os tramos entre as 8:00 e as 10:00 horas e entre as 19:00 e as 20:00 horas.

Acto de izado da Bandeira Azul en Caión