A Laracha: recupérase a atención presencial con cita previa desde o luns

Desde o luns 11 de maio na Casa do Concello e no edificio administrativo da Laracha recuperarse a atención presencial á cidadanía con cita previa. Farase cumprindo con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias.

O horario será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. Para reservar cita e acudir na atención presencial, debe chamarse a partir do luns aos seguintes número de teléfono dependendo do departamento para a que se solicita:

Casa do Concello (981 605001)

  • Oficinas xerais.
  • Servizos económicos.
  • Alcaldía.
  • Urbanismo.
  • Medio ambiente.
  • Cultura e Deportes .

Edificio administrativo (981 612811)

  • Servizos sociais.
  • Emprego.
  • Centro de Información ás Mulleres (CIM).
  • Policía Local.