Goberno e Arcebispado asinan a cesión da Casa Reitorial de Montemaior

O convenio foi rubricado polo alcalde, José Manuel López Varela, e D. Fernando Barros Fornos, ecónomo diocesano. Foto: Concello da Laracha

Concello e Arcebispado asinan o convenio de cesión da Casa Reitoral de Montemaior que o Goberno local transformará nun espazo multifuncional.

O Concello da Laracha e Arcebispado de Santiago asinan o convenio de cesión da Casa Reitoral de Montemaior que o Goberno local transformará nun espazo multifuncional. Ademais o Concello disporá do inmoble por un período de vinte e nove anos.

Dicir que acto celebrouse na sala de xuntas da Curia diocesana e participaron o alcalde, José Manuel López Varela, e o ecónomo diocesano do Arcebispado de Santiago, Fernando Barros Fornos, Tamén participaron o párroco de Montemaior, D. Isolino Esmorís, e D. Manuel Mallo, membro da Delegación Diocesana de Economía e que tamén é párroco de Soandres.

Así, en virtude do acordo subscrito, o Concello da Laracha disporá do inmoble por un prazo de vinte e nove anos, incluíndo tanto a casa reitoral como as súas dependencias anexas e a finca.

Neste sentido, o compromiso municipal é recuperar a edificación e ofrecerlle novos usos de interese xeral comunitario.Tamén permitirá:

  • incrementar a oferta de actividades culturais e educativas a realizar na parroquia de Montemaior
  • reforzar a participación do Concello en programas de intercambio e voluntariado xuvenil nacional e internacional
  • poñer en marcha iniciativas de tipo técnico e formativo relacionadas especialmente coa agricultura e a gandería.

Ademais, nos locais anexos ao edificio principal serán reservadas dependencias para uso exclusivo da parroquia, especialmente para funcionar como arquivo, e tamén aseos públicos.