Actuación de mantemento no paseo fluvial do río Vilán

As brigadas medioambientais municipais traballan na actuación no río Vilán, na parroquia de Cabovilaño
As brigadas medioambientais municipais traballan na actuación no río Vilán, na parroquia de Cabovilaño

A ampla actuación consiste na substitución das táboas danadas e aplicación dun produto con efecto antideslizante

As ribeiras dos ríos son zonas de alto valor natural e paisaxístico nas que o Concello da Laracha realiza actuación de xeito continuado. Fano especialmente durante a época do verán para poñelas en valor e animar á cidadanía a descubrilas e gozar delas.

Actualmente estase intervindo na mellora dos dous paseos fluviais. O Obradoiro de Emprego A Laracha VI actúa no do río Anllóns. Pola súa parte, as brigadas medioambientais municipais traballan no do río Vilán, na parroquia de Cabovilaño.

Neste último, á altura de O Cancelo, o alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, realizaron unha visita aos empregados municipais. Interesáronse polas tarefas que están a levar a cabo, consistentes na substitución das táboas danadas e na aplicación dhun tratamento para madeira en exteriores. O resultado é un efecto antideslizante. Desde xeito non so renova a estética da pasarela do paseo fluvial, tamén mellora a seguridade en beneficio dos usuarios.