Máis de 120 nenos disfrutaron das actividades do campus de fútbol

Actividades no campo de fútbol da Laracha
Actividades no campo de fútbol da Laracha

As actividades realizáronse nos campos Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.

As actividades culturais e deportivas de verán que organiza o Concello da Laracha están a ter unha excelente acollida. A proposta que ata o momento contou cun maior número de participantes é o campus de fútbol. Neste ano alcanzou a súa décimo cuarta edición e contou con máis de 120 nenos.

Para poder establecer os grupos de idade, levouse a cabo de xeito simultáneo en dous campos: Municipal da Laracha (nenos de 5 a 11 anos de idade) e A Porta Santa de Paiosaco (12 a 15 anos).

O Concello asumiu integramente os gastos, polo que a inscrición foi gratuíta para os asistentes. Todos eles realizaron, baixo a supervisión de técnicos e monitores especializados, diferentes exercicios lúdico-deportivos coa práctica do fútbol como marco referente. Ademáis de divertirse, puideron mellorar as súas calidades físicas, técnicas e tácticas. No último día do campus, os dous grupos recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello.

Actividades do campus de fútbol en Paiosaco