O xogador canario Luis Tomas na oitava xornada de billarda

Vencedores da xornada en Sada na categoría infantiol

Sada foi escenario dunha nova xornada da Liga Atlántica de Billarda 2021-2022

Sada foi escenario dunha xornada espléndida de sol e billarda que estivo marcada pola presenza do xogador canario Luis Tomas. Outras notas saliantables deste marco foi a gran afluencia de xente a presenciar e a preguntar polo xogo. Os organizadores os convidaron a xogar no próximo Torneo Moncho Valcarce do vindeiro domingo 30 de xaneiro. Se disputará no Pontoxo, as Encrobas, un aberto onde poden xogar a non ser Liga.

As clasificacions da xornada sadense da Liga Atlántica foron:

Categoría absoluta:

  • 1º Xan Rodiño (Lúa de Forza-Sanxenxo) 
  • 2º Óscar Ponte (Campo da Feira-Paiosaco) 
  • 3º Martín Caneda (Lúa de Forza-Sanxenxo) 

Categoría feminina:

  • 1ª Lola (Rinoceronte-Pontevedra) 
  • 2ª Delia (Chaínzos/Cadaval-Castro de Rei 
  • 3ª Marisa (Lúa de Forza-Sanxenxo) 

Categoría infantil:

  • 1º Abel (Campo da Feira-Paiosaco) 
  • 2º Kevin (APB-A Laracha) 
  • 3º Roy (APB-A Laracha) 

Os organizadores agradecen ao Concello de Sada pola súa colaboración nesta oitava xornada no marco incomparable do Paseo Marítimo de Sada. Tamén, ao alcalde de Sada, Benito Portela, a concelleira de Educación e Deportes, María Nogareda e o técnico de Deportes, Juan Devesa. Eles foron os encargados de facer a entrega de trofeos doados polo Concello. "Además, o alcalde e o técnico animaronse a darlle uns golpes a billarda e o conseguiron", engaden.

Próximas citas

A próxima cita será o comentado aberto Torneo Moncho Valcarce o vindeiro domingo 30 de xaneiro que se disputará no Pontoxo, Encrobas (Cerceda). É, a próxima xornada de Liga o 13 de febrero no Parque dos Regos do concello de Oleiros.