I Kids Spanish Cup de natación

Os días 4 e 5 de febreiro seis deportistas do club SAL participaron na I Kids Spanish Cup.

Destacar que os días 4 e 5 de febreiro seis deportistas do club SAL participaron na I Kids Spanish Cup.e XXXVII Campionato de España Infantil e Cadete de Piscina 2023, que tivo lugar en Bétera, en Valencia.

En categoría infantil, representaron ao club SAL Shaila Rodríguez, Paula Vilar e Pedro Caamaño. En categoría cadete foron Iria Barreiro, Gabriela Paulos e Juan Martín Rodríguez quen representaron a cor amarela durante este campionato.

Además os seis deportistas ían a Valencia co obxectivo de aumentar a súa experiencia en campionatos nacionais e mellorar as súas marcas.

Os resultados foron:

Juan Martín Rodríguez, en categoría cadete masculino:

  • 3o en 100m. remolque de maniquí con aletas (RÉCORD GALEGO)
  • 3o en 200m. supersocorrista
  • 8o en 50m. remolque de maniquí


Iria Barreiro, en categoría cadete feminina:

  • 9a en 100m. remolque de maniquí con aletas
  • 16a en 50m. remolque de maniquí


Gabriela Paulos, en categoría cadete feminina

  • 15a en 200m. supersocorrista
  • 20a en 100m. remolque de maniquí con aletas
  • 24a en 50m. remolque de maniquí

Shaila Rodríguez, en categoría infantil feminina:

  • 8a en 100m. remolque de maniquí con aletas
  • 21a en 100m. socorrista
  • 23a 50m. remolque de maniquí

Paula Vilar, en categoría infantil feminina:

  • 11a en 100m. remolque de maniquí con aletas
  • 17a en 50m. remolque de maniquí
  • 19a en 100m. socorrista.

Pedro Caamaño, en categoría infantil masculino:

  • 12o en 100m. socorrista (posición que acadou por entrar na final B de dita proba, malia non poder desputala por un contratempo)