CEMMA e Protección Civil xuntos no rescate de mamíferos mariños

O material foi achegado por María Becerra, voluntaria da ONG, que foi
recibida no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, os edís José
Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón e voluntarios da Agrupación de
Protección Civil da Laracha. Fonte foto: Concello da Laracha
O material foi achegado por María Becerra, voluntaria da ONG, que foi recibida no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, os edís José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón e voluntarios da Agrupación de Protección Civil da Laracha. Fonte foto: Concello da Laracha

A CEMMA cede á protección civil da Laracha material para o rescate de mamíferos mariños.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) entrega á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha unha padiola para a evacuación de cetáceos.

Tamén entrega carteis informativos sobre as candorcas ibéricas.

As candorcas ibéricas é unha especie mariña que habita no océano Atlántico.

Ademais, no pasado mes de novembro a CEMMA impartira na praia de Caión un obradoiro. Na formación se levaron a cabo simulacros de rescate de tartarugas e de mamíferos mariños. Nos simulacros participaron voluntarios de Protección Civil e veciños en xeral.

Naquel momento recibiran formación relativa ao que se debe facer no caso de atopar un animal desas características no areal. O obxetivo é poder ofrecerlle os primeiros auxilios e a asistencia oportuna para aumentar as súas posibilidades de supervivencia.

Agora, coa dispoñibilidade do material cedido facilitarase a realización das intervencións oportunas ante unha situación desas características.

El Diario da Laracha puedes seguirnos en facebook, twitter, instagram