"Nao-Cetáceos. Baleas. Faros e Navíos da Cota da Morte"

A exposición pode visitarse ata o 13 de xaneiro
A exposición pode visitarse ata o 13 de xaneiro

"Nao-Cetáceos. Baleas. Faros e navíos da Costa da Morte" é o nombe da exposición en Caión aberta ata o 13 de xaneiro.

Para amantes de baleas, etc: desde o venres 16 de decembro e ata o 13 de xaneiro, pode visitarse en Caión a exposición de acuarelas mariñas do ceense Xosé Iglesias. O centro sociocomunitario alberga esta exposición que leva por nome "Nao-Cetáceos. Baleas. Faros e navíos da Costa da Morte".

O autor ceense "é un mariñeiro galego con certas inquedanzas de artista en proceso de autoaprendizaxe", apuntan da súa personalidade.

Ademais entre os traballos que expón podense apreciar:

  • polbos danzando
  • faros alumeando
  • barcos en plena metamorfose
  • e as baleas como parte inseparable do mar da Costa da Morte e da historia da vila de Caión

Tamén Xosé Iglesias pretende que a mostra "sexa unha expresión artística de amor ao Atlántico, aos seus navíos pesqueiros, aos sentinelas da noite, á fauna salvaxe e, sobre todo, a eses seres xigantes que tanto supuxeron noutrora para as economías da zona".

Aclarar que a exposición pode visitarse ata o 13 de xaneiro no horario de apertura das instalacións do centro sociocomunitario de Caión: de luns a venres entre as 17:00 e as 20:00 horas.