Decimo segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda en Narón

Os tres primeiros postos categoría masculino en Narón
Os tres primeiros postos categoría masculino en Narón

Foi unha xornada con choiva polo que se tivo que celebrar no pavillón cuberto de Sedes en Narón

A 12ª xornada da Liga Atlántica de Billarda tivo que celebrarse no Pavillón cuberto de Sedes (Narón) pola mala climatoloxía. Dende a Liga Atlántica de Billarda agradecen ao concello anfitrion a aportación de trofeos e recordos, así como a pista cuberta para poder desenrolar a xornada con normalidade.

Antes de comezar, Xulio Ponte recibiu unha merecida homenaxe por cumprir 100 xornadas de Liga de Billarda Noroeste. Entra a formar parte do grupo de xogadores Noroeste centenarios, xunto con Lois Fontán, Berdillo, Viqueira e Collazo. Informan que a próxima xornada do 8 de maio xogarase na Laracha.

Los resultados en Naron foron os siguintes

Categoría absoluta

  • Campión: Óscar Ponte (Campo da Feira-Paiosaco)
  • Subcampión: X.Collazo (Campo da Feira-Paiosaco)
  • Terceiro clasificado: Añón (APB-A Laracha)

Categoría feminina

  • Campioa: Mercedes (Campo da Feira-Paiosaco)
  • Subcampioa: Delia.Chaínzos-Cadaval (Castro de Rei-Lugo)
  • Terceira clasificada: Marisa (Lúa de Forza-Sanxenxo)

Categoría infantil

  • Campión: Abel (Campo da Feira-Paiosaco)
  • Subcampión: Aleixo (Cochiqueiros-Cerceda)
  • Terceiro clasificado: Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña)

Equipos

  • 1º Campo da Feira-Paiosaco
  • 2º APB-A Laracha
  • 3º Filloas de Sangue-A Coruña
Xogadores da categoría infantil en Narón