Laracha apoia a candidatura de Teresa Portela aos Premios Princesa de Asturias dos Deportes
Teresa Portela é a primeira española en participar en seis Xogos Olímpicos e obtivo unha prata en Toquio 2020
O Concello da Laracha manifestou formalmente o apoio da candidatura da piragüista Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022. A inicitiva foi impulsada pola Xunta de Galicia.
A deportista, natural da localidade pontevedresa de Aldán, é a primeira española en participar en seis Xogos Olímpicos. Serían sete, de acadar a súa clasificación para París 2024. As últimas competicións, celebradas o ano pasado en Toquio, logrou a prata na proba K1 200 metros. Deste xeito, engrosa un palmarés con 15 medallas en campionatos mundiais e 17 en europeos.
A Xunta de Galicia ten habilitada unha plataforma para que particulares poidan sumarse ao apoio desta candidatura. Para hacelo, deben poñer o seu nome e documento nacional de identidade nesta ligazón: https://www.xunta.gal/apoio-candidatura-teresa-portela