O programa de axudas PEL-Reactiva aberto ata o 25 de novembre

Programa de reactivación económica e social

PEL-Reactiva está dirixido a microempresas e autónomos afectados pola crise da Covid-19

O Concello da Laracha lembra que ata o 25 de novembro permanecerá aberto o prazo para que aquelas microempresas e traballadores autónomos cuxa actividade profesional se vise afectada pola crise do coronavirus poidan solicitar beneficiarse da liña de axudas PEL-Reactiva, convocada en colaboración coa Deputación da Coruña.

As bases están dispoñibles para a súa consulta tanto na web municipal www.alaracha.gal como no Boletín Oficial da Provincia do pasado luns día 9.

As instancias deberán tramitarse a través da sede electrónica. Teñen a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña de axudas todos aqueles realizados entre marzo e o 31 de decembro de 2020 para:

  • Compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza
  • Arrendamento do local de negocio ou instalacións (exclúense os espazos de coworking).
  • Renting de maquinaria, máquinas, vehículos, etc.
  • Adaptación de locais ás medidas de protección fronte ao COVID-19 (mamparas de protección, etc).
  • Primas de seguros de responsabilidade civil e de accidentes.
  • Subministracións de auga, gas, combustibles e electricidade.

As axudas do PEL-Reactiva son compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros.

Entre o PEL-Reactiva, dotado cunha partida orzamentaria de 185.113,21 euros, e a liña municipal de subvencións para o fomento do emprego mediante o impulso da actividade económica para paliar os efectos da Covid-19, no Concello da Laracha destinaranse máis de 400.000 euros a axudar economicamente ás empresas afectadas pola situación epidemiolóxica.

Axudas do Pel-Reactiva para empresas e autónomos