Novos logros deportivos do Club SAL

Deportistas xunto aos entrenadores do club SAL en Balarés, Ponteceso

Deportistas da categoría alevín do club SAL participaron do Campionato Galego Alevín de Praia

A fin de semana, os máis pequenos e pequenas do club SAL desprazáronse a praia de Balarés para participar do Campionato Galego Alevín de Praia. Os deportistas lograron os seguintes resultados:

Campións Galegos e Campionas Galegas Alevín Xeral

Campións Galegos Alevín Masculino

Subcampionas Galegas Alevín Feminino

16 participantes

- 8 en categoría feminina: Daniela Pose, Julia Insua, Sabela Paulos, Julia Bolón, Aroa Gómez, Valeria Mosquera, María García e Marta Cameán.

- 8 en categoría masculina: Valentín Cotelo, Dani Mallón, Brais Ponte, Hugo Ferreño, Iván Mato, Simón Caamaño, David Becerra e Dario González .

Ademais da estupenda actuación como equipo, moitos dos deportistas acadaron importantes logros individuais:

  • Hugo Ferreño: 1º en Bandeiras e 7º en Carreira con Niper
  • Valentín Cotelo: 2º en Bandeiras, 10º en Carreira con Niper
  • Brais Ponte: 2º en Carreira con Niper, 11º en Bandeiras
  • David Becerra: 3º en Eslalon Costa, 6º en Bandeiras
  • Simón Caamaño: 5º en Bandeiras, 12º en Carreira con Niper
  • Iván Mato Fuentes: 7º en Bandeiras, 14º en Carreira con Niper
  • Daniel Mallón: 8º en Carreira con Niper, 12º en Eslalon Costa
  • Darío González: 14º en Eslalon Costa
  • Valeria Mosquera: 1º en Eslalon Costa, 2º en Carreira con Niper
  • Julia Bolón: 4º en Carreira con Niper, 12º en Bandeiras
  • María García: 7º en Eslalon Costa, 8º en Carreira con Niper, 14º en Bandeiras
  • Daniela Pose: 16º en Carreira con Niper
  • En relevo sprint masculino: Brais, Simón, Hugo e Valentín foron campións galegos.
  • En relevo sprint feminino: Julia B., Valeria, Julia I. e María foron subcampioas galegas.
Equipos feminino e masculino alevín do Club SAL, Concello da Laracha