Proba da fase de oposición dun auxiliar administrativo

Asistentes ao examen para praza de auxiliar administrativo no Concello da Laracha
Asistentes ao examen para praza de auxiliar administrativo no Concello da Laracha

O auxiliar administrativo será incorporado polo Concello como funcionario interino

O pavillón municipal da Laracha acolleu onte a proba da fase de oposición do procedemento de selección do auxiliar administrativo que o Concello incorporará como funcionario interino. Das 117 inscritas presentáronse ao exame 80. Como medida de seguridade, o acceso ao recinto realizouse de xeito gradual para evitar aglomeracións e no interior do pavillón as mesas gardaron a distancia interpersoal de 1,5 metros

Ademais do exame realizado onte, consistente nunha proba tipo test de cincuenta preguntas, ao tratarse dunha selección de persoal polo sistema de concurso-oposición tamén se terá en conta a valoración de méritos de cada opositor, cuxa táboa pode consultarse na web municipal www.alaracha.gal.