Subvencións para mellora visual dos inmobles da A Laracha

Gonzalo Trenor xunto ao alcalde da Laracha para explicar as subvencións
Gonzalo Trenor xunto ao alcalde da Laracha para explicar as subvencións

As subvencións enmárcanse en actuacions para corrixir impactos paisaxísticos

Gonzalo Trenor, o delegado da Xunta na Coruña, estivo hoxe na Laracha para presentar xunto ao alcalde, José Manuel López Varela, a convatoria de subvencións do Instituto de Estudos do Territorio. Así, as actuacións enmárcanse na corrección de impactos paisaxísticos. Vai dirixida a particulares que melloren visualmente os seus inmobles. A axuda será do 70% do custo do proxecto ata un máximo de 3.000 euros. O prazo de solicitude remata o 31 de maio.

Nesta ligazón pódese ampliar información. Trenor anima aos veciños a solicitar as axudas para corrixir os impactos urbanísticos e destaca a importancia da colaboración dos concellos na xestión administrativa - Xunta de Galicia . Aquí pode consultarse o texto completo da convocatoria no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0192-290321-0001_gl.html