Proxecto de mellora da sinalización no parque empresarial

proxecto de mellora no parque empresarial e industrial da Laracha
proxecto de mellora no parque empresarial e industrial da Laracha

Concello da Laracha e Xunta de Galicia cofinancian o proxecto que sitúase en torno aos 50 mil euros

O proxecto de mellora da sinalización no ámbito do parque empresarial está en fase de execución. Po iso, o alcalde José Manuel López Varela, e a concelleira Patricia Bello, estiveron onte o lugar das actuacións.

O Concello da Laracha e Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación cofinancian o proxecto. O mesmo presenta dúas liñas de intervención diferenciadas.

Por unha parte está a sinalización horizontal. Ten por obxecto guiar e canalizar o tráfico dentro dos carrís de circulación e aumentar a seguridade viaria. Ditas marcas serán repintadas nos accesos, rúas e glorietas do ámbito industrial para incrementar a súa visibilidade. Tamén están a ser remarcadas as prazas de estacionamento público de vehículos, bordillos, pasos de peóns, cebreados, símbolos e frechas. Así, en total son 13.571 metros lineais os que remarcarasen con pintura reflexiva de cor branca e amarela.

A outra liña de intervención consiste na instalación de nova sinalización vertical tanto no interior do propio parque empresarial como nas estradas próximas a el. Neste último caso é para informar aos condutores sobre a dirección que deben seguir para chegar ao polígono industrial da Laracha. O orzamento sitúase en torno aos 50.000 euros.