O Bng presentará alegacións ao parque eólico Coto Loureiro

Tempo de alegacións ao parque eólico de Meirama
Tempo de alegacións ao parque eólico de Meirama

Este proxecto no parque do Coto Loureiro prevé a instalacións de 14 aeroxeneradores, todos eles ubicados entre as parroquias de Montemaior e Soandres

O Bng da Laracha presentará alegacións ao proxecto de parque eólico Coto Loureiro, que afecta os concellos da Laracha e Cerceda. Este proxecto prevé a instalacións de 14 aeroxeneradores, todos eles ubicados no concello da Laracha (entre as parroquias de Montemaior e Soandres) de 173 metros de altura. Algúns deles moi perto de núcleos de poboación como é o caso do núcleo de Portodoso en Soandres. Leer el DOG del 22 de marzo picando nesta ligazón.

"As alegacións presentanse, entre outros motivos, pola afectación que este parque tería sobre o patrimonio natural e arqueolóxico, sobre as principais actividades económicas na zona como son a agro-gandeira e forestal. Pero tamén, sobre a poboación de determinados núcleos que terían algúns dos muíños moi perto", explica Xoán Sande, portavoz municipal do Bng da Laracha.