Nova edición de Venres Teatrais na Laracha

porgrama da nova ediicón de Verres Teatrais

As obras da nova edición principiarán ás 21:00 horas na Casa da Cultura, sendo a entrada de balde

As artes escénicas regresan á capital municipal da Laracha coa organización dunha nova edición dos Venres Teatrais. Trátase dnha das citas culturais de referencia dentro da programación anual organizada polo Concello. O ciclo constará de cinco das pezas máis importantes do momento no panorama galego. Se interpretarán no escenario da Casa da Cultura da Laracha en todos os casos a partir das 21:00 horas.

As fechas da nova edición

  • 29 de outubro: Libre como os paxaros, un espectáculo sobre a figura, o pensamento e a obra literaria da escritora galega Rosalía de Castro. Percorre, tamén, os acontecementos sociais máis importantes da época. Producida por Teatro do Atlántico e protagonizada pola actriz María Barcala baixo a dirección de Xúlio Lago. O acompañamento musical é de Vadim Yukhnevich. A obra vai dirixida a todos os públicos.
  • 5 de novembro: Running, unha “suorenta comedia” de De Ste Xeito Producións. Dirixida por Esther Carrodeaguas e escenificada polos actores Sergio Macías e Stephy Llaryora, que entre os dous dan vida a un total de vinte personaxes.
  • 12 de novembro: os coñecidos actores Luis Iglesia e Marcos Orsi chegan á Laracha co seu último espectáculo, a comedia Conexión Pingüín. Obra dirixida ao público adulto e producida por Culturactiva. A montaxe é unha reflexión cómica na que se fala da incomunicación entre os seres humanos na era da comunicación.
  • 19 de novembro: comedia para o público adulto. Trátase de Castrapo, producida por Náufragos Teatro e cun elenco formado por Denis Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río. Cóntase a historia dun escritor galego emigrado a Madrid que regresa á terra tralo falecemento do seu pai. Atopándose nesa viaxe co seu pasado e a necesidade da procura das súas raíces.
  • 26 de novembro: Comando Comadres, un espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto. Un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal, seus valores e na xestión dos recursos naturais. A montaxe é producida por Matrioshka Teatro e escenificada polas actrices Anabell Gago, Chelo do Rejo e María Ángeles Iglesias.

Acceso gratuíto

En todas as funcións o acceso do público será gratuíto ata completar o aforo máximo da sala. Actualmente é do noventa por cento da súa capacidade. As persoas asistentes deberán portar máscara facial durante todo o espectáculo. O programa completo pode verse debaixo.

O programa Venres Teatrais é organizado polo Concello da Laracha coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do programa  FalaRedes, e tamén da Deputación Provincial da Coruña.