Licenza urbanística para nova nave industrial na Laracha

Obras en parcela do polígono empresarial (imaxe do arquivo)
Obras en parcela do polígono empresarial (imaxe do arquivo)

A nave terá unha superficie de 2.605 metros cadrados no parque empresarial do concello

Na última sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local concedeuse a licenza de obra para a construción dunha nave industrial no parque empresarial da Laracha. A nova edificación estará composta por dous volumes de diferentes alturas. Contará cunha superficie total de 2.605 metros cadrados e evantarase nunha parcela que alcanza os 7.490 metros cadrados. O espazo destinarase, principalmente, a almacenamento e tamén disporá de oficinas para a xestión da propia actividade.

O Concello mostra a súa satisfacción por conceder esta licenza urbanística que permitirá continuar enchendo de actividade o polígono industrial. Ademáis, crea novas oportunidades para beneficiar o movemento económico e xerar emprego no termo municipal.