Igape Responde: programa de asesoramento gratuíto a autónomos e pemes

Para máis datos visite a web do Igape

As medidas de acción inmediata de Igape Responde permitirán ás empresas adaptarse ao novo contexto ante a covid-19

Un conxunto de máis de 60 expertos e consultores especializados súmase ao equipo técnico do Igape Responde. A finalidade e dar apoio, asesoramento e formar aos autónomos, os comercios e as empresas galegas a través da implantación de iniciativas de acción inmediata que contribúan a reducir o impacto
económico provocado pola covid-19.

Grazas a esta liña de asesoramento en rede, enmarcada no programa Igape Responde, autónomos e empresas poden acceder a 14 tipos de medidas.
Se implementan de xeito rápido durante dúas semanas, cun seguimento posterior dun mes e unha intensidade de 25 horas de consultaría
personalizada.

Entre outros resultados, estas iniciativas poden xerar un clima de maior confianza.E, ademáis, topar novas fontes de ingresos no negocio, captar e fidelizar
novos clientes, manter os servizos en remoto ou mellorar a motivación, a cohesión e o compromiso dos equipos.

Os negocios e as empresas que teñan necesidades nos ámbitos financeiro, de negocio, de operacións e persoas, ou aquelas que non saiban como actuar
no actual contexto económico (ámbito xeral), poden solicitar xa sen custo ningún este servizo. Visita a web http://www.igape.es/es/

Estas son as medidas dispoñibles:

  • Medidas globais
  • Replanificación de débedas comerciais
  • Planificación das obrigacións fiscais e resto de débedas
  • Busca de financiamento e negociación de débedas financeiras e avais
  • Xestión de cobros e de operacións comerciais
  • Reorientación do negocio
  • Reconfiguración da oferta comercial
  • Promoción en liña
  • Implantación do teletraballo
  • Prestación de servizos en liña
  • Reorganización operativa
  • Retención de equipos e motivación
  • Fortalecemento de competencias para un novo escenario
  • Planificación laboral

O Igape Responde enmárcase no Plan de reactivación económica que desenvolve a Xunta de Galicia para acompañar ao tecido empresarial galego no novo
contexto xerado pola covid-19. O plan inclúe outra liña de atención directa a consultas empresariais e o novo programa Re-acciona. Está eseñado nesta
edición 2020-2021 para responder á nova situación económica.