Nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego ata o 30 de setembro

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presenta a campaña Días Azuis do comercio galego foto Xoán Crespo

A campaña Días Azuis conta coa colaboración da Federación Galega de Comercio

Sol Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo, participou na presentación da nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego. A campaña se celebrará do ata o 30 de setembro co obxectivo de impulsar as vendas do comercio de proximidade. Tamén, para poñer en valor o importante papel económico e social do sector no actual contexto económico.

A cuarta edición contará, ademáis, coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de Galicia. Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros. O diñeiro repatirase nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro.