Adxudicado a Cogami o contrato de xestión do punto limpo

Punto Limpo da Laracha en Formigueiro
Punto Limpo da Laracha en Formigueiro

Na Xunta de Goberno Local ademáis do contrato de Cogami tamén se adxudicou o servizo de socorrismo na praia de Caión

Na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local na Laracha celebrada hoxe foi adxudicada a Cogami Reciclado de Galicia S.L. a xestión das instalacións do punto limpo. É por un período de catro anos (dous prorrogables por outros dous máis). O contrato tivo un orzamento máximo de licitación de 282.917,10 euros máis IVE. Inclúe o servizo de recollida de voluminosos a domicilio, a recollida dos colectores de papel-cartón, vidro e roupa. Por primeira vez, levarase a xestión dos novos colectores de aceite de uso doméstico que serán implantados polo Concello.

A nova concesionaria deberá subrogar os contratos do persoal que viña prestando o servizo. Cogami é a mesma empresa que xestiona desde hai preto de un ano o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos na Laracha.

Servizo de socorrismo

Outro contrato que foi adxudicado é o do servizo de socorrismo, salvamento, vixilancia e primeiros auxilios. Se prestará na praia de Caión durante o verán. TOP Rescue S.L. terá no areal desde mañá e ata o 15 de setembro. Seu horario é de12:00 a 20:00 horas un total e conta con sete socorristas e un coordinador xeral. O Concello inviste máis de 58.000 euros neste servizo. Será complementado con dous efectivos máis a través da convocatoria de axudas da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Menhir de Erboedo

Por último, se fixou o día 6 de xullo como a data na que se citará aos actuais propietarios dos terreos nos que se sitúa o menhir de Erboedo. Trátase de proceder ao pagamento da expropiación e ao correspondente levantamento das actas previas á ocupación, dándose así por concluído o procedemento. O Concello investirá 8.000 euros na adquisición dunha superficie de 4.651 metros cadrados co propósito de preservar o valor histórico do que é un dos elementos máis importantes do patrimonio arqueolóxico municipal.