Os CEIPs da Laracha e as EEI de Arteixo colaboran na XIV limpeza colectiva de praias
Gran colaboración na limpeza colectiva de praias.
O vindeiro venres 17 de outubro os CEIPs da Laracha e as EEI de Arteixo colaborarán na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia, coordina o CEIP Caión.
Está programada para o domingo 19, pero nos centros educativos realizarase o venres. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto: "Voz Natura".
Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.
Por esta razón recibiron a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XIV Edición da limpeza de simultánea de praias . As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardan non ter que adiar a data.
Nesta edición volverase a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros centros do Concello. Así asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha. Este ano anímanse a colaboaran con nós tamén as Escolas de Educación Infantil de Arteixo: a EEI de Rorís e a EEI de Larín.
O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recoméndase a todo o alumnado que vaia con luvas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xerará menos lixo e poderase reutilizalos na casa para outras actividades. Levar calzado e roupa adecuada a situación climatolóxica.
Pódese colaborar acudindo á praza ás 10:15 horas, dende onde comenzará a distribución do voluntariado.