O 10 de febreiro a unidade móbil da ITV de ciclomotores na Laracha
27 de enero de 2022 (12:17 h.)
A unidade móbil estará na praza Olonne sur Mer fronte á biblioteca e o IES Agra de Leborís
A unidade móbil da inspección técnica de ciclomotores visitará A Laracha o xoves 10 de febreiro para ofrecer o seu servizo aos veciños do Concello. Nesa data situarase na praza Olonne sur Mer (explanada fronte a biblioteca municipal da Laracha e o IES Agra de Leborís) no horario de 9:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. As persoas interesadas poden reservar cita previa na web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309000.