Trofeo Xunta Largos Categoría Nacional en A Laracha

O sábado 2 de abril Trofeo Xunta no Concello da Laracha

O sábado 2 de abril preto de 100 patinadores cadete a senior de toda Galicia compiten no pavillón municipal polo trofeo

O CP Conxuro e o CPA Maxia organizan o Trofeo Xunta Largos Categoría Nacional (Cadete a Senior) de patinaxe artística que se vai celebrar no pavillón municipal da Laracha. Será o sábado día 2 de abril desde as 9:00 ata as 20:20 horas. Trátase dunha proba federativa oficial de caracter autonómica á que acudirán preto de 100 patinadores. Esta proba é convocada pola Federación Galega de Patinaxe.

Tomarán parte no evento 16 clubs de patinaxe de toda Galicia:

  • CPA Brión
  • CDP Boiro
  • CP Oroso
  • CPA Omega
  • CPA Ágora
  • CP Sarela
  • CP Ribeira
  • CP Compostela
  • CP Buxaina
  • CP Lenda
  • CPA Valladares
  • CPA Salvaterra
  • CP Alquimia
  • CP Conxuro A Laracha
  • CPA Maxia

O CP Conxuro presenta a catro das súas patinadoras:

  • Cadete: Marta Andrade e Uxía Freire
  • Xuvenil: Natalia Rama
  • Junior: Ainhoa Cotelo