O Club Salvamento Acuático Laracha consolídase como referente galego nas categorías base

Representante do Salvamento Acuático Laracha no Campionato Galego de Praia.
Representante do Salvamento Acuático Laracha no Campionato Galego de Praia.

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) asinou unha actuación destacada na II Xornada Praia Liga Cadete-Xuvenil e no Campionato Galego de Praia.

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) asinou unha actuación destacada na II Xornada Praia Liga Cadete-Xuvenil e no Campionato Galego de Praia, celebrados na Praia de Gandarío o pasado 10 e 11 de maio. Os nosos socorristas máis novos, nas categorías alevín e infantil, acadaron resultados sobresaíntes que consolidan ao club como un dos grandes referentes galegos da base.

Dominio nas categorías Alevín e Infantil

  • Subcampións na suma das categorías alevín e infantil, confirmando a forza da nosa canteira.
  • 1º posto en alevín femenina 3º posto en categoría alevín.
  • 1º posto en infantil masculina. con  2º posto en categoría infantil.

Resultados individuais destacados

  • Bandeiras na praia alevín feminina:
    • 1ª Carmen Domínguez Fariña
    • 3ª Iria Martínez Manteiga
  • Eslalon de costa alevín feminina:
    • 2ª Jimena Viturro Domato
    • 3ª Carmen Domínguez Fariña
  • Bandeiras na praia infantil masculina:
    • 2º Simón Caamaño Verdía
    • 4º Lucas Chouciño Sotelo
  • Nadar surf infantil feminina:
    • 5ª Julia Insua Rico
  • Nadar surf infantil masculina:
    • 4º Simón Caamaño Verdía

Equipos

  • Salvamento con tubo de rescate infantil feminina:
    • 3º posto (Julia Insua Rico, Sabela Paulos García, Marcela Ponte Viñas, Martina Lavandeira Pose)
  • Salvamento con tubo de rescate infantil masculina:
    • 1º posto (Lucas Chouciño Sotelo, Simón Caamaño Verdía, Izan Rama Pose, Isaac Mancebo Martínez)

Bo papel nas categorías Cadete e Xuvenil

  • 3º posto en cadete feminina e 4º posto en cadete masculina.
  • 4º posto en xuvenil feminina e 8º posto en xuvenil masculina.

Destacados individuais e por equipos

  • Sprint cadete feminina:
    • 1ª Shaila Rodríguez Rodríguez
  • Sprint cadete masculina:
    • 2º Pedro Caamaño Verdía
  • Nadar surf cadete masculina:
    • 3º Pedro Caamaño Verdía
  • Relevo sprint cadete feminina:
    • 2º posto (Shaila Rodríguez Rodríguez, Ángela García Pazos, Martina Díaz Franco, Paula Vilar Romero)
  • Sprint xuvenil feminina:
    • 3ª Iria Barreiro Matos
  • Relevo sprint xuvenil feminina:
    • 3º posto (Iria Barreiro Matos, Gabriela Paulos García, Sofía Mata López, Daniela García García)

Estes magníficos resultados, xunto cos acadados na primeira xornada, reforzan a posición do Club Salvamento Acuático Laracha entre os mellores de Galicia.

Coa terceira e última xornada aínda por disputar, o club mantén intactas as súas aspiracións de seguir sumando éxitos e acadar os postos de honra na clasificación final.