Primeiro Pleno ordinario dunha nova lexislatura

A corporación municipal reúnese por primeira vez neste mandato
A corporación municipal reúnese por primeira vez neste mandato

Celebrado o primeiro pleno ordinario do mandato 2023-2027.

O 27 de xullo celebrouse o primeiro Pleno ordinario do novo mandato. En primeiro lugar, tal e como é habitual nas sesións ordinarias, gardouse un minuto de silencio en sinal de respecto ás mulleres vítimas da violencia de xénero.

A continuación, como asuntos de trámite, deuse conta das 269 resolucións de Alcaldía ditaminadas entre o 26 de maio e o 27 de xullo e, sen votos en contra, aprobáronse as actas das sesións anteriores e a corrección de erros no recoñecemento de dedicacións acordado no Pleno de organización da
Corporación.

Tamén foron fixados os festivos locais para o ano 2024:

  • o Martes de Entroido (13 de febreiro)
  • o venres 16 de agosto, coincidindo coas festas patronais da Laracha.

Ademais non se propuxo como festivo a data habitual do 8 de setembro (día da Romaría dos Milagres de Caión) ao coincidir en domingo.

Por último, aprobouse por unanimidade dos tres grupos municipais unha moción na que se insta á Consellería de Educación a estudar para o IES Agra
de Leborís a ampliación de espazos educativos, o reforzo no número de profesores -incluíndo un mestre de Pedagoxía Terapéutica- e a implantación de ciclos formativos básico, medio, superior e duais.