211 persoas aspiran ás dúas prazas de auxiliar administrativo

Casa do Concello da Laracha
Casa do Concello da Laracha

As prazas serán cubertas en propiedade polo sistema selectivo de oposición libre

O Concello da Laracha vén de facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na convocatoria para a cobertura en propiedade de dúas prazas de auxiliar administrativo. Son un total 211 os aspirantes que están citados para realizar o primeiro exercicio o día 16 de decembro ás 12:30 horas no pavillón municipal da Laracha.

A selección farase polo sistema de oposición libre, que constará de tres exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio. Ademais, os aspirantes que non acrediten estar en posesión do título Celga 3 ou equivalente, deberán superar a correspondente proba de coñecemento da lingua galega.