O PP insta ao goberno central a "non apropiarse dos recursos locais"

O Bng leva a peaxe ao pleno de maio

No próximo pleno o PP larachanse expoñerá que o goberno local foi pioneiro en paliar os efectos da crise

O Grupo Municipal Popular da Laracha (PP) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal unha moción para instar ó Goberno de España a non apropiarse dos recursos das entidades locais. Explica que "desde o inicio da pandemia provocada polo virus COVID-19 as entidades locais puxeron en marcha medidas para conter a expansión do virus e preservar a saúde de empregados públicos e veciños. Adiantándose en moitos casos ás decisións tomadas polo goberno central. Tamén foron pioneiras en poñer en marcha medidas para paliar os efectos da crise sanitaria, social e económica".

Por iso insta o goberno central a:

  • Respectar e garantir a autonomía que a Constitución Española e as leis outorgan ás entidades locais para a xestión dos seus recursos, para a xestión do diñeiro público que é de todos e cada un dos españois, non dun goberno en concreto.
  • Atender as demandas das entidades locais, especialmente a referida á flexibilización da regra de gasto e resto de regras contidas na Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira ( LOEPSF). Para que poidan dispoñer do 100% os seus remanentes de tesourería para a loita contra os negativos efectos do COVID-19.
  • Que si pretenden modificar algunha das leis que afectan á autonomía, facenda ou estabilidade financeira das entidades locais valide ditas modificacións no Congreso dos Deputados. Ou ante os órganos de goberno da FEMP, lexítimos representantes das entidades locais e dos españois.
  • Que o Ministerio de Facenda cumpra coa totalidade do acordo consensuado por todas as forzas políticas. Incluído o Partido Socialista, no seo da Federación Española de Municipios e Provincias.

No próximo Pleno o grupo do PP avogará por dar traslado deste acordo ao Presidente do Goberno, á Ministra de Facenda, á Ministra de Política Territorial e Función Pública, aos Portavoces de Grupos Políticos do Congreso, Senado e das Cortes e á Xunta de Goberno da FEMP.