O goberno local proporá no pleno financiar proxectos de interese xeral

Imaxe do pleno ordinario do Concello da Laracha (arquivo)

A proposta será no pleno do próximo venres 30 de xullo na Laracha

O próximo venres celebrarase a sesión ordinaria do Pleno correspondente ao mes de xullo. O goberno local da Laracha elevará asuntos que previamente serán sometidos aos ditames das correspondentes comisións.

Unha desas cuestións será a proposta de aprobación dun suplemento de crédito e un crédito extraordinario. O mesmo posibilitaría incorporar aos orzamentos municipais 236.546,70 euros para executar actuacións de interese xeral para a cidadanía larachesa como:

  • Plan de mellora e mantemento da rede viaria municipal.
  • Melloras na rede de abastecemento de auga.
  • Ampliación do parque infantil da praza O Recreo da Laracha.
  • Equipamentos para instalacións culturais e museos.
  • Actuacións de mellora en instalacións deportivas.
  • Adquisición de mobiliario urbano.
  • Desenvolvemento do proxecto da nova numeración das vivendas nas parroquias.