Mañá cen patinadores intentan superar o seu nivel en A Laracha

O CP Conxuro organiza o evento na Laracha o sábado 25 de xuño

Organiza o evento Club Patinaxe Conxuro o sábado 25 no pavillón municipal da Laracha

O CP Conxuro organiza a II Fase de Niveis Libre (niveis do 4 ó 10) de patinaxe que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 25 de xuño de 10:00 a 14:20 horas. Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel. Tomarán parte doce clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña:

  • Patiart
  • Velúa
  • Aura
  • Buxaina
  • Lenda
  • Fervello de Arteixo
  • Costa da Morte
  • Artístico Inercia
  • Alquimia
  • Club Compañía de María
  • Escola Lubiáns
  • Conxuro A Laracha

A proba está convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia e Deporte Galego e distintos patrocinadores. Conxuro presenta a seis das súas patinadoras:

  • Nivel 4:  Iria Bustelo
  • Nivel 5: Lara Roca, Carla Santín e Claudia Regueira
  • Nivel 6: Lola Collazo e Claudia Buño