Conclúen as obras de mellora da estrada no núcleo da Fraga, na parroquia de Vilaño

Obras de mellora na estrada no núcleo da Fraga, na parroquia de Vilaño.
Obras de mellora na estrada no núcleo da Fraga, na parroquia de Vilaño.

O Concello vén de completar a execución das obras de mellora nunha estrada do núcleo da Fraga, na parroquia de Vilaño.

O Concello vén de completar a execución das obras de mellora da capa de rodadura nunha estrada do núcleo da Fraga, na parroquia de Vilaño. A intervención consistiu no acondicionamento da plataforma da vía, que anteriormente presentaba un pavimento de terra, mediante a dotación dunha nova capa de aglomerado asfáltico para a superficie de rodadura dentro da zona de núcleo para favorecer o tránsito dos vehículos e usuarios. Tamén se contempla o pintado das marcas viarias e a colocación da sinalización para reforzar a seguridade.

Nos próximos días tamén está previsto executar outras dúas intervencións nos lugares de Proame (parroquia de Lemaio) e A Pedra (Coiro) en estradas de titularidade municipal situadas en núcleos rurais, do mesmo xeito para renovar o pavimento e aumentar a seguridade.

A conservación e mantemento en bo estado dos máis de seiscentos quilómetros de estradas que conforman a rede viaria municipal é un asunto prioritario na xestión municipal, xa que é cuestión esencial para que existan boas comunicacións entre os máis de trescentos núcleos de poboación que existen no concello.