En marcha as obras de mellora da estrada no Cruceiro de Lestón

En marcha as obras de mellora da estrada no Cruceiro de Lestón.
En marcha as obras de mellora da estrada no Cruceiro de Lestón.

En fase de execución o proxecto de mellora da estrada no núcleo do Cruceiro da parroquia de Lestón.

O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora da estrada no núcleo do Cruceiro da parroquia de Lestón, situado moi próximo á vila de Paiosaco.

As actuacións están a ser desenvolvidas pola empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. Trala limpeza das cunetas, a fase actual das obras céntrase na extensión do aglomerado asfáltico co que se renova a superficie de rodadura para facilitar o tránsito dos vehículos. Os traballos completaranse nos próximos días coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria.

O orzamento ascende a 48.000 euros a cofinaciar coa Deputación da Coruña ao estar incluída a intervención no Plan Único Concellos.