Obras nos colexios Ramón Pedrayo, Alfredo Brañas, CEIP Caión e na escola infantil A Galiña Azul

Os terreos son para equipamento do entorno do CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha

As obras de mantemento e conservación incluen distintas actuacións

O Concello da Laracha está acometendo distintas actuacións de mantemento, conservación e tamén obras novas, nos tres centros de primaria a Laracha, Paiosaco e Caión e tamén na Escola Infantil A Galiña Azul.

Todos estas actuacións están financiadas integramente con fondos do municipio. Aparte das tareas de limpeza integral das instalacións e distintos traballos, pódense destacar a seguinte actuación:

CEIP Ramón Otero Pedrayo

  • -500 m2 de pavimentación con aglomerado en quente no patio exterior
  • -1400m2 de acondicionamento do perímetro do Novo Aulario de Infantil
  • -1600m2 de acondicionamento do aparcadoiro exterior
  • -Acondicionamento de zonas verdes en todo o recinto
  • -Pintura de varias dependencias do colexio
  • -Ampliación de aulas para a creación dunha nova Ludoteca
  • -Instalación de baño adaptado, etc.

CEIP Alfredo Brañas

  • -Acondicionamento e sinalización do acceso principal ao centro dende a rúa A Porta Santa.
  • -Traballo de xardinería nas zonas verdes
  • -Mellora da cuberta do Pavillón
  • -Arranxo da pasarela cuberta entre os dous edificios
  • -Adaptación dun baño

CEIP Caión

  • -Traballos de mellora e mantemento en todo o recinto exterior e interior (pintura, electricidade, etc.)

Escola Infantil A Galiña Azul

  • -Traballos de xardinería nas zonas verdes
  • -Impermeabilización da fachada e da cuberta
  • -Prolongación do acceso peonil por todo o perímetro do edificio, para facilitar entradas e saídas independentes de todo o alumnado
  • -Melloras no parque infantil