Emprego A Laracha VI, en marcha

Imaxe da presentación do obradoiro Emprego Laracha VI
Imaxe da presentación do obradoiro Emprego Laracha VI

O programa de formación e emprego terá unha duración de nove meses

O programa de formación para o emprego 2021 está en marcha. Grazas á colaboración entre o Concello da Laracha e a Xunta de Galicia púxose inició o Obradoiro de Emprego A Laracha VI. Céntrase na posta en valor de zonas verdes e espazos públicos.

O obradoiro foi dividido en dúas especialidades: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e carpintería de madeira e moble. Formarán parte deste programa dual cinco persoas do equipo directivo, formativo e administrativo e vinte alumnos traballadores. Durante os nove meses de duración do programa estarán vinculados ao Concello cun contrato formativo coa correspondente remuneración económica. O orzamento sitúase en torno ao medio millón de euros e conta cunha subvención de 346.946 euros da Xunta de Galicia máis a achega municipal que ascende a 147.000 euros.

Os proxectos

As dúas especialidades realizarán a formación teórica nas instalacións do edificio administrativo da Laracha. Ademais, contarán cun taller nun dos edificios municipais do parque empresarial. Os proxectos que realizarán consistirán na mellora do paseo fluvial de Gabenlle e creación dun novo peche perimetral no Centro de Interpretación dos Muíños de Golmar. Tamén, darán valor a zonas verdes públicas como a área recreativa de Gabenlle e a situada xunto ao parque empresarial, repoboándoas de árbores e vexetación autóctona.

José Manuel López Varela expresou o seu agradecemento polo “compromiso da Xunta de Galicia” para poder levar a cabo “un dos mellores programas de formación do Concello”. O alcalde, deulle os parabéns aos alumnos seleccionados, animándoos a aproveitar esta oportunidade. “Formaros, aprender un emprego, recibir formación práctica e teórica realizando obras para uso e disfrute da cidadanía larachesa", dixo o alcalde.

obradoiro de carpintería A Laracha
Imaxe do arquivo dos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego V no paseo fluvial do Anllóns