Obras de creación da área de recreo canino

Nova área de recreo canino no casco urbano da Laracha
Nova área de recreo canino no casco urbano da Laracha

o espazo de recreo canino está a ser habilitado na parcela situada na confluencia das avenidas Manuel Fraga e Bos Aires

Están en marcha as obras de creación dunha área de recreo canino no núcleo urbano da Laracha. O espazo sitúase unha parcela municipal situada na confluencia das avenidas Bos Aires e Manuel Fraga. José Manuel López Varela, alcalde da Laracha e o concelleiro Jesús Souto, mantiveron unha xuntanza co responsable da empresa contratista e o director de obra.

O Concello promove esta iniciativa ante o notable incremento na cifra de cans de compañía existentes nas zonas urbanas. As mascotas teñan á súa disposición un espazo público amplo e cun equipamento especial para xogar, realizar exercicios para manter a socialización con outros cans.

Características

Nunha superficie duns 1.300 metros cadrados e coa actuación proxectada quedará integrado no entorno urbano no que se sitúa. Estaraá dividida en varios espazos adaptados ás necesidades das diferentes razas de cans. O acceso ao recinto contará con dobre porta e un valado perimetral co obxectivo de evitar que os cans poidan escapar. Tamén, unha marquesiña con banco, unha fonte de dobre uso para persoas e mascotas, un dispensador de bolsas e un contedor de excrementos.

Así mesmo, as diferentes áreas de esparexemento estarán valadas perimentralmente e contarán con zonas de prado, area e recorridos con diversidade de xogos para o exercicio físico dos animais (túnel ríxido, salto de muro, slálom, etc). O equipamento do recinto completarase cunha ducha de arco e bebedeiros de auga potable para os cans. O proxecto de creación da área de recreo canino suporá un investimento próximo aos 35.000 euros a financiar con fondos propios municipais.

Bng Laracha área canina
En execución o espazo para os cans da Laracha (foto arquivo)